Democratizar a publicación

A liberdade de crear. A liberdade de cambiar. A liberdade de compartir.

A nosa misión

WordPress é un software deseñado para todos, salientando na accesibilidade, rendemento, seguridade e facilidade de uso. Cremos que un gran software debería funcionar cunha configuración mínima, para que poidas centrarte en compartir a túa historia, produto ou servizos libremente. O software WordPress básico é simple e predicible, para que poidas empezar facilmente. Tamén ofrece potentes características para que crezas e triunfes.

Cremos na democratización da publicación e nas liberdades do código aberto. Hai unha gran comunidade de persoas colaborando e contribuíndo neste proxecto para apoiar esta idea. A comunidade WordPress é acolledora e inclusiva. A paixón dos nosos colaboradores impulsan o éxito de WordPress que, en compensación, axúdache a alcanzar os teus obxectivos.

Hai contribuidores de WordPress traballando en todo o mundo, dedicando moitísimas horas á construción dunha ferramenta que democratice a publicación. WordPress é un software de código aberto gratuíto que, ao tempo, non ten prezo.

A tecnoloxía

Aprende máis sobre WordPress, de onde vén e cara onde vai.

Polo miúdo

Hai moita información nas miudezas. Non perdas detalle.

A xente

Aprende máis sobre a comunidade e como entrar en contacto.

A nosa historia

WordPress comezou en 2003, cando Mike Little e Matt Mullenweg crearon un fork de b2/cafelog. Xa entón tiñan clara a necesidade dun sistema de publicación persoal elegante e ben estruturado. Hoxe, WordPress está construído sobre PHP e MySQL, e con licenza GPLv2. Tamén é a plataforma escollida por máis do 38% de todos os sitios na web.

O próxecto de código aberto WordPress foi evolucionando progresivamente — co apoio de entusiastas e talentosos desenvolvedores, deseñadores, científicos, blogueiros e máis. WordPress ofrécelle a calquera a oportunidade de crear e compartir, desde anécdotas persoais a movementos que poden cambiar o mundo. Os que teñen pouca experiencia en tecnoloxía poden empregalo desde o primeiro momento, e os que saben máis poden personalizalo de xeitos sorprendentes.

Declaración de Dereitos

WordPress está suxeito á licenza General Public License (GPLv2 ou posterior), que fornece catro liberdades fundamentais. Considera isto como a Declaración de Dereitos de WordPress:

A 1ª liberdade

De executar o programa para calquera propósito.

A 2ª liberdade

De estudar como funciona o programa e cambialo para facer o que necesites.

A 3ª liberdade

De redistribuír.

A 4ª liberdade

De distribuír copias das túas versións modificadas a outros.